Escolle o modo que prefiras para empezar, podes empezar polo máis sinxelo e despois ir progresando ata un modo máis completo en función das necesidades do teu negocio e sen ningún tipo de custe.
Primeiros pasos

Modo
Páxina web
É o modo máis sinxelo de aparecer en Merca Na Estrada, só terás que proporcionar un mínimo de información sobre o teu negocio e nós xeraremos unha páxina web coa que terás visibilidade dentro de Merca Na Estrada. Os teus clientes poderán ver información sobre horarios e teléfono de contacto, e mesmo poderán contactar contigo por whatsapp, se ti o queres.
MELLORA A PÁXINA

Modo
Escaparate
Neste modo ademáis de xerar a páxina web do teu negocio, poderás crear un catálogo de produtos que os teus clientes poderán ver dende a túa páxina, pero sen necesidade de aceptar nin envíos a domicilio nin pagos online. Este modo é útil para restaurantes que queiran usar Merca Na Estrada para publicar a carta, xa que xeramos un código QR co acceso ao catálogo.
PÁXINA COMPLETA

Modo
Tenda en Liña
É o modo máis completo. Sube o catálogo de produtos, engade o prezo, configura os métodos de envío que aceptas (recollida en tenda, entrega a domicilio e/ou envío por correo), os métodos de pago que aceptas (pago en tenda, pago contra reembolse e/ou pago online con tarxeta) e empeza a vender en liña, tanto a clientes locais como a clientes de fóra.